Moito antes das etiquetas eco e bío, existía en Galicia unha forma de cultivar a terra dunha maneira sustentable e ecolóxica. Temos a sorte de poder contar con pequenos agricultores locais que continúan a manter as técnicas de cultivo e recolleita dos nosos antepasados, permitíndonos así contar cun produto quilómetro cero. Verduras, froitos e hortalizas que destacan pola súa cor, a súa textura e, sobre todo, o seu sabor auténtico.

Nuestra carta

A nosa carta

Club Fedello

Chamámoslle fedello a esa persoa inqueda, que anda na procura de novas experiencias. E o Club Fedello nace desa inquedanza que existe pola gastronomía da nosa terra. Un espazo desde donde poñer en valor o traballo de toda a nosa xente do campo e do mar, que día a día tanto aportan á nosa gastronomía.

Por iso, entendemos que o noso mellor xeito de agradecer aos nosos clientes a súa fidelidade e a súa forma de entender a nosa gastronomía, era creando o Club Fedello. Unha ferramenta de comunicación, un espazo de encontro, a oportunidade de incribles experiencias gastronómicas e, sobre todo, ofrecer certos privilexios aos que formades parte.

Isto é so o principio dunha comunidade do que estarás deseoso de formar parte e que unha vez dentro, xa non quererás sair. ¿Queres saber máis? Solicita información no seguinte formulario e continúa atento á nosa web e redes socias, o mellor está por chegar…

Cumplimenta os datos a continuación para ser un Fedello

* indicates required
/ ( mm / dd )

Seleccione todas as formas en que lle gustaría recibir noticias de Orixe:

Pode desuscribirse en calquer momento facendo clic na ligazón que aparece ao pe de páxian dos nosos correos electrónicos. Para obter información sobre as nosas prácticas de privacidade, visite o noso site web.

We use Mailchimp as our marketing platform. By clicking below to subscribe, you acknowledge that your information will be transferred to Mailchimp for processing. Learn more about Mailchimp's privacy practices here.