Precisamente por iso, desde Orixe propoñemos aos nosos comensais a aproximación a un universo gastronómico centrado na memoria dos sabores e en ofrecer a quen nos visita unha experiencia culinaria evocadora, capaz de integrar a esencia das receitas tradicionais e os produtos autóctonos, con técnicas e texturas verdadeiramente innovadoras.
Todo iso, da man dos nosos cociñeiros, auténticos artesáns das emocións, capaces de poñer en valor unha cultura gastronómica vinculada ás raíces, á terra e a quen a traballou con esmero durante séculos, dando visibilidade ao valor gastronómico do país.