Benvido a Orixe

Produto fresco

De Km0 e produción ecolóxico. Porque a materia prima é a esencia da nosa cociña.

Excelente servizo

Orixe é un fogar, por iso tratamos aos nosos clientes coma convidados. Estás na túa casa.

Selección de viños

Unha coidada elección de caldos galegos. Maridaxe para experimentar o sabor da nosa terra.

Sobre nós

Dámosche a benvida a Orixe. Ponte cómodo/a porque estás a piques de comezar unha viaxe polos sabores, aromas e texturas da nosa terra. Dende o corazón de Compostela, coñecerás a gastronomía entendida como unha experiencia conformada non só por sabores, se non tamén por lembranzas, conversas e sentimentos. Somos unha reivindicación da necesidade dunha volta ás orixes, a unha cociña pausada, de base atlántica, onde o produto é o único
protagonista.

Unha mestura de tradición e modernidade, unha homenaxe á nosa terra, á nosa infancia e, sobre todo, ao incansable labor das Cociñeiros, Mariscadores, Labregos, Gandeiros e Mariñeiros que fan da gastronomía galega unha das mellores do mundo.

O Restaurante

No corazón de Compostela atópase o xermolo de Orixe: o noso restaurante. Un auténtico fogar galego onde a madeira, a pedra e o ferro fundido crean un coidado espazo inspirado nas casas tradicionais, onde a cociña foi e continúa sendo o núcleo da vida en Galicia.

Cunha cociña inspirada “na cociñas das avoas”, os nosos cociñeiros utilizan produtos sempre frescos e da mellor calidade para elaborar unha carta que intenta da maneira máis humilde homenaxear á nosa gastronomía.

O Ultramarinos

O noso afán por reivindicar a gastronomía galega, levounos a abrir unha tenda na que o cliente poida atopar todo tipo de produtos galegos: conservas, doces, empanadas, viños de todas as denominacións de orixe de Galicia e moito más é o que os clientes curiosos poden atopar no noso ultramarinos.

Sobremesas

No noso restaurante somos testemuñas privilexiadas de eventos de todo tipo: namoramentos, reconciliacións, celebracións… Ata a firma dalgún contrato! Pero, sen dúbida, o que se repite día tras día son as longas sobremesas que teñen lugar despois das comidas e ceas. Este costume tan noso inspirou o proxecto das Sobremesas de Orixe, nas que convidamos a persoeiros da cultura galega que, ao igual ca nós, viven con paixón o seu oficio.

Dende Orixe, queremos compartir con vós a experiencia e bon facer destes cantantes, artesáns, influencers, mariñeiros e demáis comensáis nestas sobremesas onde compartiron lembranzas, opinións, café e algún que outro licor. Por suposto, vós tamén estades convidados!

Prensa

Eventos benéficos, catas a cegas, proxectos cos personaxes máis destacados do panorama cultural galego… Non nos estraña que ás veces perdades un pouco o fío do que andamos a argallar. Así que nesta sección recompilamos todas as noticias que se fan oído do que enredamos desde Grupo Orixe Gastronomía Galega.

Horario

Dirección

Contacto

Información básica sobre Protección de Datos

Responsable: Grupo Orixe Gastronomía Galega SL B70522578.
Finalidade: A obtención do consentimento para responder ás cuestións plantexadas a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: En ningún caso se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade.

Onde atoparnos

No centro histórico de Santiago, na Rúa Casas Reais atópanse o noso restaurante e o noso ultramarinos. Ao carón da “Porta do Camiño”, considerada a entrada principal á cidade amurallada, é dende fai séculos a entrada á cidade dos peregrinos que fan o Camiño Francés. Ao igual que a rúa na que nos atopamos dá a benvida aos peregrinos a Compostela, Orixe quere ser unha benvida á nosa gastronomía e raíces.

Estades todos convidados!

Club Fedello

Fedello le llamamos en gallego a esa persona inquieta, que anda en la procura de nuevas experiencias. Y el Club Fedello nace de esa inquietud que existe por la gastronomía de nuestra tierra. Un espacio desde donde poner en valor el trabajo de toda nuestra gente del campo y del mar, que día a día tanto aportan a nuestra gastronomía.

Por eso, entendemos que nuestra mejor manera de agradecer a nuestros clientes su fidelidad y su forma de entender nuestra gastronomía era creando el Club Fedello. Una herramienta de comunicación, un espacio de encuentro, la oportunidad de increíbles experiencias gastronómicas y sobre todo, ofrecer ciertos privilegios a los que formáis parte.

Esto es sólo el principio de una comunidad del que estarás deseoso de formar parte y que una vez dentro, ya no querrás salir. ¿Quieres saber más? Solicita información en el cuestionario situado aquí debajo, y continúa atento a nuestra web y redes sociales, lo mejor está por llegar…

Cumplimenta os datos a continuación para ser un Fedello

* indicates required
/ ( mm / dd )

Seleccione todas as formas en que lle gustaría recibir noticias de Orixe:

Pode desuscribirse en calquer momento facendo clic na ligazón que aparece ao pe de páxian dos nosos correos electrónicos. Para obter información sobre as nosas prácticas de privacidade, visite o noso site web.

We use Mailchimp as our marketing platform. By clicking below to subscribe, you acknowledge that your information will be transferred to Mailchimp for processing. Learn more about Mailchimp's privacy practices here.

Club Fedello

Chamámoslle fedello a esa persoa inqueda, que anda na procura de novas experiencias. E o Club Fedello nace desa inquedanza que existe pola gastronomía da nosa terra. Un espazo desde donde poñer en valor o traballo de toda a nosa xente do campo e do mar, que día a día tanto aportan á nosa gastronomía.

Por iso, entendemos que o noso mellor xeito de agradecer aos nosos clientes a súa fidelidade e a súa forma de entender a nosa gastronomía, era creando o Club Fedello. Unha ferramenta de comunicación, un espazo de encontro, a oportunidade de incribles experiencias gastronómicas e, sobre todo, ofrecer certos privilexios aos que formades parte.

Isto é so o principio dunha comunidade do que estarás deseoso de formar parte e que unha vez dentro, xa non quererás sair. ¿Queres saber máis? Solicita información no seguinte formulario e continúa atento á nosa web e redes socias, o mellor está por chegar…

Cumplimenta os datos a continuación para ser un Fedello

* indicates required
/ ( mm / dd )

Seleccione todas as formas en que lle gustaría recibir noticias de Orixe:

Pode desuscribirse en calquer momento facendo clic na ligazón que aparece ao pe de páxian dos nosos correos electrónicos. Para obter información sobre as nosas prácticas de privacidade, visite o noso site web.

We use Mailchimp as our marketing platform. By clicking below to subscribe, you acknowledge that your information will be transferred to Mailchimp for processing. Learn more about Mailchimp's privacy practices here.

Moito antes das etiquetas eco e bío, existía en Galicia unha forma de cultivar a terra dunha maneira sustentable e ecolóxica. Temos a sorte de poder contar con pequenos agricultores locais que continúan a manter as técnicas de cultivo e recolleita dos nosos antepasados, permitíndonos así contar cun produto quilómetro cero. Verduras, froitos e hortalizas que destacan pola súa cor, a súa textura e, sobre todo, o seu sabor auténtico.

Nuestra carta

A nosa carta