Benvido a Orixe

Produto fresco

De Km0 e produción ecolóxico Porque a materia prima é a esencia da nosa cociña.

Excelente servizo

Orixe é un fogar, por iso tratamos aos nosos clientes coma convidados. Estás na túa casa.

Selección de viños

Unha coidada elección de caldos galegos. Maridaxe para experimentar o sabor da nosa terra.

Sobre nós

Dámosche a benvida a Orixe. Ponte cómodo/a porque estás a piques de comezar unha viaxe polos sabores, aromas e texturas da nosa terra. Dende o corazón de Compostela, coñecerás a gastronomía entendida como unha experiencia conformada non só por sabores, se non tamén por lembranzas, conversas e sentimentos. Somos unha reivindicación da necesidade dunha volta ás orixes, a unha cociña pausada, de base atlántica, onde o produto é o único
protagonista.

Unha mestura de tradición e modernidade, unha homenaxe á nosa terra, á nosa infancia e, sobre todo, ao incansable labor das Cociñeiras, Mariscadoras, Labregos, Gandeiros e Mariñeiros que fan da gastronomía galega unha das mellores do mundo.

Labregos

Moito antes das etiquetas eco e bío, existía en Galicia unha forma de cultivar a terra dunha maneira sustentable e ecolóxica. Temos a sorte de poder contar con pequenos agricultores locais que continúan a manter as técnicas de cultivo e recolleita dos nosos antepasados, permitíndonos así contar cun produto quilómetro cero. Verduras, froitos e hortalizas que destacan pola súa cor, a súa textura e, sobre todo, o seu sabor auténtico.

Cociñeiros

Orixe nace das lembranzas dun neno criado entre cazos e tixolas, que aprendeu o amor pola cociña galega das mulleres da súa vida, cociñeiras que lle aprenderon o respecto polos procesos lentos e pola calidade do produto da nosa terra.

Gandeiros

Non so de costa vive Galicia, as terras verdes e xenerosas serven aos nosos gandeiros para criar reses con carnes da máis alta calidade. Garantidas polo selo de calidade de Tenreira Galega, as carnes coas que traballamos diferéncianse pola súa cor rosada e o seu excelente sabor.

Mariñeiros

Con 16 rías e case 1500 quilómetros de costa non é de estrañar que Galicia conte co mellor produto do mar. O Océano Atlántico serve de campo de traballo aos nosos mariñeiros e mariscadoras grazas aos cales contamos co mellor produto: peixes e mariscos frescos, que diariamente chegan ao noso restaurante directos das lonxas máis próximas.

Sobremesas

No noso restaurante somos testemuñas privilexiadas de eventos de todo tipo: namoramentos, reconciliacións, celebracións… Ata a firma dalgún contrato! Pero, sen dúbida, o que se repite día tras día son as longas sobremesas que teñen lugar despois das comidas e ceas. Este costume tan noso inspirou o proxecto das Sobremesas de Orixe, nas que convidamos a persoeiros da cultura galega que, ao igual ca nós, viven con paixón o seu oficio.

Dende Orixe, queremos compartir con vós a experiencia e bon facer destes cantantes, artesáns, influencers, mariñeiros e demáis comensáis nestas sobremesas onde compartiron lembranzas, opinións, café e algún que outro licor. Por suposto, vós tamén estades convidados!

Brais Morán.
Outros cuatro: “Proximamente…”

Horario

Dirección

Contacto

Información básica sobre Protección de Datos

Responsable: Grupo Orixe Gastronomía Galega SL B70522578.
Finalidade: A obtención do consentimento para responder ás cuestións plantexadas a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: En ningún caso se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade.

Club Fedello

Chamámoslle fedello a esa persoa inqueda, que anda na procura de novas experiencias. E o Club Fedello nace desa inquedanza que existe pola gastronomía da nosa terra. Un espazo desde donde poñer en valor o traballo de toda a nosa xente do campo e do mar, que día a día tanto aportan á nosa gastronomía.

Por iso, entendemos que o noso mellor xeito de agradecer aos nosos clientes a súa fidelidade e a súa forma de entender a nosa gastronomía, era creando o Club Fedello. Unha ferramenta de comunicación, un espazo de encontro, a oportunidade de incribles experiencias gastronómicas e, sobre todo, ofrecer certos privilexios aos que formades parte.

Isto é so o principio dunha comunidade do que estarás deseoso de formar parte e que unha vez dentro, xa non quererás sair. ¿Queres saber máis? Solicita información no seguinte formulario e continúa atento á nosa web e redes socias, o mellor está por chegar…

Contacto e reservas